FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – GRUPO 7a9-CAFYD (6-3)

O Esteo iniciou a pretemporada cunha fácil e cómoda vitoria diante do Grupo 7a9-Cafyd, de Pontevedra, ó que venceu por 6-3. Un encontro ó que os ponteses chegaban con moitas sesións físicas, pero pouca pista. Con todo iso, os locais deixaron boas sensacións ante o escaso público, apenas medio cento de espectadores, que acudiu ó pavillón da Fraga, xa que ó bo día e as numerosas festas que había no concello e nos arredores restaron afluencia de afeccionados. O encontro foi de total dominio do Esteo ante un cadro pontevedrés, por certo, adestrado polo pontés Manuel Sánchez, que puxo vontade e gañas, pero pouco puido facer ante a superioridade técnica dun Esteo que a vindeira temporada militará na categoría de bronce do fútbol sala español. Ó descanso chegouse con claro triunfo pontés por 4-1. Na segunda metade os locais chegaron a poñerse con 6-1 ó seu favor, pero a relaxación e o baixón físico fixo que os visitantes marcaran dous goles máis por mediación do togolés Maka e Abel aproveitándose de dúas perdas de balón da defensa local.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Diego, Fran, Héctor, Rubi –cinco inicial- Pelu, Gerveno, Rober, Ito e Iván.
GRUPO 7a9-CAFYD: álex, Víctor, Iván, Nando, Abel –cinco inicial- Jaco, Jose, Anxo e Maka.
ÁRBITROS: Raquel Manteiga e Manuel Dans, da Coruña.
GOLES: Min. 1 (1-0), Héctor. Min. 7 (2-0), Héctor. Min.8 (3-0), Pelu. Min. 10 (4-0), Pelu. Min. 19 (4-1), Nando. Min. 31 (5-1), Pelu. Min. 30 (6-1), Rubi. Min. 34 (6-2), Maka. Min. 33 (6-3), Abel.
INCIDENCIAS: Partido amigable de pretemporada disputado o sábado 31 de agosto no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha frouxa asistencia de afeccionados, apenas medio cento de espectadores.
COPA XUNTA DE GALICIA
O vindeiro sábado, 7 de setembro, o Esteo comeza a súa participación na Copa Xunta de Galicia enfrontándose no pavillón da Fraga ó Concello de Mos a partir das seis do serán (18,00).
Por outra banda, sinalar que o Club pontés iniciou a campaña de captación de xogadores para os equipos de base, así como de socios, para os que se manten o mesmo abono da pasada temporada, 30 euros ó ano.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios