FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” – O ESTEO – VILAMARTÍN (5-1)

Clara vitoria do Esteo diante do Concello de Vilamartín por cinco goles a un. Boa entrada no pavillón municipal da Fraga, preto de 200 espectadores nas gradas.
Esteo


O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Jaime, Anxo, Pellón, David e Ito.
VILAMARTÍN: Javito, Juanma, Alfonso, Álex, Andrés–cinco inicial- Manu, David, Ramón e Pepe.
ÁRBITROS:Corral Martínez e Gomés Arias (Lugo). Amoestaron a Fran, Rubi, Jaime, Pellón, Ito e Ramón.
GOLES: Min. 1 (1-0), Gerardo. Min. 17 (1-1), Manu. Min. 24 (2-1), Rubi. Min. 25 (3-1), Noé. Min. 31 (4-1), Jaime. Min. 38 (5-1), David.
COMENTARIO: Vitoria clara do Esteo na terceira xornada de liga que o coloca na primeira posición da primeira nacional B. Nada máis comezar o partido os locais logran o primeiro gol, pero o seu intenso dominio e as ocasións de gol non tiveron o seu reflexo no marcador. Sen embargo, serían os ourensáns os que empatarían o partido, resultado co que se chegaría ó descanso. Na segunda parte os ponteses saíron decididos a polos tres puntos. A pesar delo, a primeira ocasión foi para o Vilamartín que estrelou o balón no poste. A partir de aí o Esteo tomou o total control do encontro e aproveitou as súas ocasións para establecer un claro resultado que puido ser aínda máis amplo. Na vindeira os ponteses xogan en Viveiro diante do Porto de Celeiro.
Esteo
Esteo
Esteo
Esteo
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios