FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” – O ESTEO – BOSTON OURENSE (3-3)

O Esteo cedeu dous puntos ó empatar na casa (3-3) ante o Boston Ourense. Boa entrada no pavillón municipal da Fraga, uns 300 espectadores nas gradas.
Nas dúas últimas xornadas o Esteo só sumou un punto, o acadado este sábado na casa diante do Boston Ourense, equipo que causou unha boa impresión e púxolle as cousas moi difíciles ó conxunto pontés e a piques estivo de dar a sorpresa e levarse os tres puntos das Pontes. Na primeira parte houbo ocasións para os dous equipos, pero só se materializarían dúas e estas foron para o cadro ourensán, resultado co que se chegou ó descanso. No segundo tempo os ponteses saíron decididos a resolver o partido e nos primeiros sete minutos igualaron o marcador con goles de Rubi e Noé. Sen embargo a alegría local durou pouco, xa que o Boston, nunha das súas contadas chegadas á portería de Javichu, adiantouse de novo no marcador nunha desgraciada xogada na que Tractor saca un córner con tan mala fortuna que Fran desviou o esférico ó fondo da súa portería. Houbo máis ocasións para os locais, que neste segundo tempo estrelaron en cinco ocasións o balón nos postes e dispuxeron de dous dobre penaltis, pero só lograron unha por mediación de Gerardo logrando o empate a tres tantos, resultado que ó final sería o definitivo.


O ESTEO FS: Javichu, Anxo, Fran, Jaime, Rubi –cinco inicial- Pellón, David, Gerardo e Noé.
BOSTON OURENSE: Rubén, Marcos, Santi, Iván, Jacobo –cinco inicial- Raúl, Tractor, Guano e Pablo
ÁRBITROS: González Araújo e Martín Vez (Ferrol). Amoestaron a Fran, Rubi, Gerardo, Marcos, Santi e Guano.
GOLES: Min. 1 (0-1), Iván. Min. 19´59” (0-2), Santi. Min. 21 (1-2), Rubi. Min. 26 (2-2), Noé. Min. 30 (2-3), Fran en propia porta. Min. 33 (3-3), Gerardo.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios