CLUB DEPORTIVO AS PONTES – BALANCE DA XORNADA

Completada a xornada desta fin de semana, os distintos equipos do CD As Pontes colleitaron seis triunfos, un empate e cinco derrotas. Sen lugar a dúbida, o resultado máis importante foi o do cadro xuvenil da liga nacional, que venceu ó Celta B (5-3). Tamén vitorias do primeiro equipo na casa do Santiago (1-3), do equipo feminino diante do Crocha (5-0) e, ¡como non!, o triunfo do equipo infantil, que goleou (11-0) ó Rápido de Neda.
futbol cd aspontes


CD AS PONTES PREFERENTE: Importante vitoria en Santa Isabel diante do Santiago de Compostela (1-3), nun partido que comezaron perdendo os das Pontes ó minuto cinco de partido. Os ponteses reaccionaron e no minuto 20 empataron o encontro por medio de Adriano. Nos minutos 40 e 45 Jorge Parada estableceu o definitivo 1-3, un resultado que sitúa ó As Pontes na terceira posición con 25 puntos, a oito do Betanzos e a tres do Dorneda, ó que se enfrontará o vindeiro 8 de decembro en partido aprazado da novena xornada. O As Pontes recibe na próxima xornada ó Viveiro.
CD AS PONTES FEMININO: Nun gran partido, o As Pontes feminino impúxose con claridade ó Crocha (5-0). As pontesas xogaron un dos mellores partidos do que vai de temporada, sendo moi superioras ás da Pobra do Caramiñal. Ben situadas no terreo de xogo, realizando un bonito fútbol e con boas combinacións crearon moitas ocasións de gol, polo que o resultado puido ser máis amplo. Marcaron os goles Patri, Paty, Alba, Carlota e Jani. Como nova, sinalar que neste grupo primeiro foi excluído da competición o Atlético Muralla por incomparencia a varios partidos, polo que os resultados deste equipo quedan anulados. Lembrar que o As Pontes gañara no campo do Poboado por 15-0.
CD AS PONTES XUVENIL: Importante vitoria do xuvenil da liga nacional diante dun difícil rival, o Celta B. Os de Carballo saíron decididos a polos tres puntos e souberon aproveitar as súas ocasións de gol e ó final golearon (5-3) ó cadro da cidade olívica. Marcaron os goles Chus Cañizares, Cristian, Xavi, Borja e Tara. Tras esta vitoria, os ponteses saen dos postos de descensos (14º) e na vindeira xornada visitan ó lider, CD Conxo, que este sábado sufriu a primeira derrota diante do Deportivo B. Non tivo a mesma sorte o conxunto B da primeira autonómica, que se veu superado no Poboado polo Perlío polo resultado de 2-4.
CD AS PONTES CADETE: Na categoría cadete derrota dos de Calpita en Pontedeume diante do Eume Deportivo por 4-1. O As Pontes e sexto con dezaseis puntos a once do líder, Galicia de Caranza.
CD AS PONTES INFANTIL: O cadro infantil segue na súa racha de vitorias e nesta xornada goleou no Poboado ó Rápido de Neda (11-0). Diego Filgueiras foi autor de cinco goles, dous marcou Nahúm e un Xandro, David Rey, Brais Blanco e Álex Fernández. Os ponteses lideran a clasificación con 30 puntos seguidos do Cariño con 27.
CD AS PONTES ALEVÍN: Derrota dos dous equipos de categoría alevín. O conxunto A perdeu na casa diante do Numancia de Ares (2-3), sendo Jose (foto) o autor dos goles do seu equipo. O alevín B perdeu pola mínima en Neda diante do Rápido (4-3). Josiño (2) e Diego foron os autores dos goles ponteses. O alevín A é colista cun punto e o B é sétimo do seu grupo con nove puntos.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Nun partido moi disputado o benxamín B empatou na casa a dous goles perante o Racing San Pedro, con tantos marcados por Mateo e Alejandro. Vitoria contundente no Val do equipo A (1-8). Na clasificación, o equipo A é sétimo con 13 puntos e o B tamén ocupa a mesma posición do seu grupo con nove puntos.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Na categoría prebenxamín vitoria do equipo A en Perlío (2-4), con goles de Vicente (3) e Xoel, e derrota do B no Poboado diante do Val (0-5). Os de segundo ano teñen seis puntos e ocupan a sétima posición mentres que o conxunto ocupa o derradeiro posto sen ningún punto.
RESUME RESULTADOS
PREFERENTE: SANTIAGO – CD AS PONTES (1-3)
XUVENIL NACIONAL: CD AS PONTES – RC CELTA B (5-3)
XUVENIL COMARCAL: CD AS PONTES – CCRD PERLÍO (2-4)
FEMININO: CD AS PONTES – CROCHA BP (5-0)
CADETE: EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (4-1)
INFANTIL: CD AS PONTES – RÁPIDO DE NEDA (11-0)
ALEVIN A: CD AS PONTES – NUMANCIA ARES (2-3)
ALEVIN B: RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES (4-3)
BENXAMIN A: SD O VAL – CD AS PONTES (1-8)
BENXAMIN B: CD AS PONTES – RACING SAN PEDRO (2-2)
PREBENXAMIN A: CCRD PERLÍO – CD AS PONTES (2-4)
PREBENXAMIN B: CD AS PONTES – SD O VAL (0-5)
Nova cortesía de A.F.
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes
futbol cd aspontes

También podría gustarte
Comentarios