FÚTBOL VETERANO AS PONTES: FINAL DE COPA: FARMAVIDA – XUNTANZA (2-0)

Hoxe domingo disputouse a final de copa de fútbol veterano de As Pontes con Farmavida revalidando o título, logo de superar na final, por dous goles a cero, ó mesmo rival da pasada temporada, Xuntanza. Tras o gol de Salido, a pouco de comezar o partido e despois dun saque de esquina, o conxunto de Farmavida controlou ben o xogo.
A pouco para chegar ó descanso Mariño, de falta directa, estableceu o resultado que ó final sería o definitivo, aínda que puido incrementar o marcador nun lanzamento ó poste de Juan xa no segundo tempo, período no que Xuntanza tivo máis posesión do balón, pero con pouca efectividade de cara ó gol, mentres que Farmavida limitouse a defender a súa vantaxe e contragolpear con certo perigo.
Xogaron por Farmavida Rivas, Mariño, Juanjo, Salido, Jorge, Abel, Manolo, Raúl, Juan, Tino, Chente e Alberto e por parte de Xuntanza, Carlos Alonso, Alberto, Marcos, Manel, Manolo, Francisco, Carlos García e Carballeiro. Paco Rivera foi o encargado de arbitrar este partido co que se pechou a temporada do fútbol veterano pontés.
Moi disputadas foron as semifinais do sábado, clasificándose para a final Farmavida, que superou na quenda de penaltis (5-4) ó Santaballés, xa que o tempo regulamentario rematou con empate a cero goles. Pola súa banda, Xuntanza venceu por dous goles a un a Mobles Eume tras remontar un 0-1 adverso.
Ó remate do partido da final houbo entrega de trofeos para o campión de liga (Construcións Guerreiro), campión de copa (Farmavida), máximo goleador (Fernández, do club A Cepa) e porteiro menos goleado (Luis Pico, de Farmavida).
veteranos_01.jpg


veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios