FÚTBOL VETERANO AS PONTES: CAMPIONATO DE COPA

Rematou a liguiña de clasificación do campionato de copa de fútbol veterano de As Pontes quedando conformadas as semifinais, ás que accederon Santaballés e Xuntanza no grupo A e Mobles Eume e Farmavida no grupo B.
Na xornada do sábado Farmavida gañou con claridade a MMYPEN (5-1) polo que se clasificou como segundo do seu grupo. No grupo A disputouse o Xuntanza-A Cepa, equipo que tiña que vencer para clasificarse e a piques estivo de logralo, pero nos intres finais do encontro o equipo de Xuntanza logrou o empate e a clasificación para a semifinal.
A xornada do domingo comezou co interesante partido entre Construcións Guerreiro e Mobles Eume, choque que foi moi disputado e xogado con moita intensidade con dous equipos na procura da vitoria, pero o empate final a un tanto deulle o pase á semifinal a Mobles Eume. A continuación, en partidos de puro trámite La Galaxia gañou a As Pontes 74 (2-0), logrando así a segunda vitoria da temporada, e Frutas Luis a Los Bidones (3-0).

La-Galaxia-2009-10.jpg

La Galaxia 2009/10

As-Pontes-74-2009-10

As Pontes 74 2009/10


RESULTADOS 5ª XORNADA
Xuntanza – A Cepa (1-1)
MMYPEN – Farmavida (1-5)
C. Guerreiro – M. Eume (1-1)
As Pontes 74 – La Galaxia (0-2)
Frutas Luis – Los Bidones (3-0)
Descansou: Santaballés
CLASIFICACIÓNS
GRUPO A
1º Santaballés 9
2º Xuntanza 8
3º A Cepa 5
4º Frutas Luis 4
5º Los Bidones 1
GRUPO B
1º Mobles Eume 11
2º Farmavida 10
3º C. Guerreiro 10
4º As Pontes 74 6
5º MMYPEN 3
6º La Galaxia 3
SEMIFINAIS (29-Maio-2010)
Santaballés – Farmavida (19,00)
Xuntanza – Mobles Eume (20,00)
FINAL (domingo 30, 11,00)
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios