Serafín Fontao e Carlos Mieres comezan a preparar á selección española de cara ó Mundial de Kaiak Polo

Os ponteses Serafín Fontao, seleccionador absoluto xunto a Jorge Huertas, e Carlos Mieres, seleccionador sub21, comezan a perfilar os seus equipos con vistas á disputa da novena edición do Mundial de kaiak Polo que se celebrará a principios de Setembro en Milán.
Para a preparación dos combinados senior e sub21, masculino e feminino, haberá 5 concentracións e a selección española xogará o Torneo de Mechelen (Bélxica) o 27 e 28 de Xuño. Anteriormente os combinados masculinos de Serafín e Carlos xa se concentraron o día 10-11 de Abril, e tamén esta pasada fin de semana.


Os convocados en categoría senior son Adolfo Recio, Alberto Jiménez, Denis Ramírez, Juan Jose Recio (Málaga), Juan Carlos Corbella, Vicente Claramonte, Álvaro Hijano (Castellón), Ángel Gordo, David Hidalgo, Carlos Rivero (Retiro), Rafael Blanco (Silla), Mario Pérez (Ciencias).
Na sub21, Alejandro Gordo, Jose María Barahona, Víctor González (Retiro), Pol Ferre, Miguel López, Pau Feliu (Banyoles), Javier Pérez, Miguel Ángel Grau, Raúl Marín (Pinatar), Alejandro Casal, Jon Martínez (Rodeira), Rafael Calzada, Rubén Quintana (Valdepeñas), Pablo Lozano, Miguel Gil (Málaga), Jose Carlos Beltrán, Noé Arego (Castellón), Daniel Rubio (Ciencias), Iván Morales (Sevillano).
Neste combinado sub21 Carlos tiña a intención de chamar a un par de rapaces do Grupo Xuvenil pero por diversos compromisos estes non poderían acudir ás concentracións.
Na selección sub21 feminina están convocadas as ex xogadoras do Folixa Alba Fernández, Susana Costas e Tamara Conde, agora no Rodeira.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios