Gema Buitrón, cuarta en mixto e sexta por equipos, na Copa do Mundo de Bulgaria. España consigue dous ouros e dous bronces.

A arqueira pontesa Gema Buitrón finalizou a súa participación na Copa do Mundo de Bulgaria moi cerca da medalla, con un 4º posto en equipos mixtos, 5º posto en individual e o 6º posto en equipos.


Na competición mixta, Gema Buitrón formou parella con balear Daniel Morillo. Perderon en semifinais con Rusia (146-143) e na loita polo bronce ante Italia tamén por 146-143. Na final victoria do equipo polaco.
Na competición por equipos tampouco foi o día das españolas, pois Buitrón, Foulón e Cabrero, perderon en cuartos de final ante Gran Bretaña por 206 a 193. Acabaron sextas. Polonia ouro, Rusia plata e as británicas fixeronse co bronce.
Si conseguiu o bronce o equipo masculino de recurvo, Morillo, Gomez e Cuesta gañaron a Bulgaria (221-209), perderon con Polonia (217-217. 27-26) e gañaron na loita polo bronce a Malasia (213-208).
A choiva de medallas para a delegación española produciuse na competición de arco composto, ouro en composto femenino, tras gañar na final a Italia (217-214), ouro en composto mixto, tras gañar na final a Bélxica (150-150. 19-17), e bronce en composto masculino tras gañar na loita polo bronce a Rumania por 219-216.

También podría gustarte
Comentarios