Adrián Varela, finalista de “En busca del portero del futuro”.

O porteiro pontés Adrián Varela Ramil participará o vindeiro venres 29 de Maio en Madrid na final española de “En busca del portero del futuro”. Na Fase final participarán os 3 mellores porteiros de cada un dos sectores (Málaga, Valencia, A Coruña, Barcelona, Zaragoza, Madrid) Adrián quedou segundo na fase disputada en A Coruña, por detrás de Denis González.

Varela.jpg


Adrián, nado en As Pontes en 1991, formouse nas categorías inferiores do CD As Pontes, nas que coincidiu con David Rochela, e foi convocado pola selección galega sub14 e sub18 e pola selección ferrolá sub15 e sub17 (o ano pasado el era o titular e Marcos Souto o suplente). A tempada pasada xogou co equipo de División de Honra sendo xuvenil de primeiro ano. Este ano marchou ó Montañeiros de A Coruña e alternou o equipo de División de Honra Xuvenil co de Terceira División.
Entre os seus logros co As Pontes, ademáis de formar parte do equipo que fixo historia e que xogou na máxima categoría do fútbol xuvenil español, un dos seus momentos máis destacados foi a Copa Cadete conseguida en 2007 na Barqueira, tras parar catro penaltis ó Cedeira.
Nova cortesía de YoHo e Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios