Gema Buitrón finaliza 26ª nas calificatorias da Copa do Mundo de Shangai

A arqueira pontesa Gema Buitrón conseguiu a 26ª posición nas roldas calificatorias da proba de recurvo feminino correspondente á Copa do Mundo de Sangai (China). Na cita de maior categoría, coa participación das mellores arqueiras, Gema obtivo 1309 puntos e foi a mellor das españolas, Magali Foulón foi 28ª con 1301, e lamentablemente Beatriz Cabrero e Helena Fernández so puideron ser 45ª con 1280 e 54ª con 1215, respectivamente, o que fixo que o equipo español quedase relegado á 12ª posición con 3890 puntos, competición por escadras liderada por Corea, 4100, Rusia, 4007, e India, 3974. A nivel individual as primeiras clasificadas foron as coreanas Ok-Hee Yun e Hyun-Jung Joo con 1388 e 1370 puntos respectivamente, terceira foi a francesa Berengere Schuh con 1360 puntos. Gema enfrontarase en trintaedousavos de final á perigosa polaca Iwona Marcinkiewicz, con máis calidade da que reflexa o seu 39ª posto na xornada de hoxe, e por equipos España enfrontarase en octavos de final a Alemania, que foi 5ª con 3967 puntos.


Na competición de recurvo masculino, a clasificatoria foi liderada por Jin Hyek Oh (Corea) 1366, Chang-Hwan Lee (Corea) 1351 e Wenyuan Chen (China) 1338. Dos españois, Elias Cuesta foi 28º con 1299, Daniel Morillo foi 33º con 1297, Raul Riera 47º con 1275 e Andrés Gomez 51º con 1266. Por equipos a rolda calificatoria foi liderada por Corea (4044), Francia (3953) e India (3941). España foi 13ª con 3862 puntos e nas eliminatorias por equipos enfrontarase en oitavos de final contra o cuarto clasificado, Xapón.
Mañá disputaranse as rondas eliminatorias tanto en recurvo masculino como feminino, e tamén a competición mixta, na que participarán Gema e o balear Daniel Morillo. Para o sábado quedarán as eliminatorias por equipos, e xa na xornada do domingo pecharase a competición coa disputa das finais polo ouro e polo bronce.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios