Gema Buitrón finaliza na 36ª posición na proba individual de recurvo da Copa do Mundo de Estados Unidos

A arqueira pontesa Gema Buitrón rematou en 36º posición a súa participación na proba individual da Copa do Mundo que se está disputando en Utah. Tras ser 41º nas calificatorias tocoulle un complicado cruce de trintaedousavos de final e sucumbiu plantando cara ante a china que alcanzou os cuartos de final, Shanshan Zhu, por 4 a 2.
Mellor lle foron as cousas á balear Magali Foulón, que venceu na primeira rolda á india Rochmawati por 4 a 0, caendo na rolda seguinte polo mesmo resultado ante unha das mellores arqueiras europeas, a polaca Justyna Mospynek, concluindo na 21º posición.


Exhibición de Corea do Sur que conquistará todas as medallas nesta proba, pois Kim e Joo pelexarán polo ouro, e Ki e Yun polo bronce.
En recurvo masculino gran 10º posición para Elías Cuesta, Daniel Morillo 27º e Andrés Gómez 42º. Na competición de Recurvo mixto España (Morillo/Foulón) sorprendeui a China Taipei, 140-137, caendo en cuartos ante Gran Bretaña, 141-135, acabando na 8º posición. Italia conseguiu o bronce e Corea e Gran Bretaña loitarán o sabado polo ouro.
Mañá tocalle o turno ás competicións por equipos, Gema, Magali e Helena enfrontaranse ó complicadísimo equipo de China Taipei, namentres que Cuesta, Morillo e Gómez probarán fortuna ante o gran equipo chino. Na xornada do sábado disputaranse todas as finais.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios