Amigus
As Pontes

GOENTE VOLVEU A CELEBRAR A FESTA DE SAN ROQUE DESPOIS DE CASE VINTE ANOS

A parroquia pontesa de Goente, unha das máis poboadas do concello, celebrou esta fin de semana a festa de San Roque na capela reconstruída no lugar das Congostras e antes situada no Val, aldea que desapareceu hai máis de trinta anos por mor da explotación da mina de lignito, polo que a capela foi trasladada ó seu novo emprazamento nas Congostras no ano 1982. De aí o seu nome de San Roque do Val.
A xornada deste sábado 17 comezou con bombas de palenque anunciando a festa. Ó mediodía celebrouse a misa na capela e a continuación a procesión coas imaxes de San Roque e San Antonio. A sesión vermú estivo a cargo do grupo de música tradicional pontés Os Feroces da Galgueira. Despois, lugareños e visitantes xuntáronse no mesmo campo da festa nun xantar a base de paella e churrasco, ó que asistiron unhas 150 persoas.
Á tardiña, as voces e a música de Javier e Aurora, compoñentes do Dúo Antha, de Narón, amenizaron as pezas da verbena. Unha verbena que comezou como antano, ó solpor do día para rematar á media noite.
O ambiente era de alegría e todo o mundo estaba moi contento por celebrar de novo esta festa despois de case dúas décadas, xa que a última foi no ano 1994 e a primeira, despois do traslado da capela, en 1982. Na propia festa comprometéronse a repetila para o vindeiro ano, quedando xa conformada a comisión polos mozos Manuel Seco Meizoso e David Permuy Cabarcos.
goente


SAN ROQUE DE MONTPELLIER
Os historiadores non se poñen de acordo nas datas de nacemento e falecemento de San Roque (Sant Roc en occitano). Segundo a tradición naceu en Montpellier (Francia) en 1295, mentres que outras versións trasladan o seu nacemento ó século XIV, entre os anos 1348 e 1350.
Tampouco hai unha data concreta do seu falecemento. Uns din que foi o 16 de agosto de 1317 na prisión de Montpellier e outros que aconteceu entre os anos 1376 e 1379 na cidade de Voghera, en Lombardía. Foi canonizado pola igrexa católica en 1584.
Foi un peregrino que viaxou ata Roma percorrendo Italia e curando a tódolos infectados pola peste. A súa devoción estendeuse moi rapidamente a partir do século XV. Dende Venecia o seu culto espallouse ó mundo xermánico e ós Países Baixos. A Confraternitá o Scuole di San Rocco creou un confraría en 1477 en Venecia dedicándose á hospedaxe de enfermos da peste, construíndo capelas e centros de acollida por toda Italia.
Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, moi preto do Museo do Louvre. Fíxoa edificar o rei Luís XIV en 1653. En toda Europa e América Latina hai numerosos templos dedicados a este santo.
A súa onomástica celébrase o 16 de agosto. É o santo protector da peste e tódalas epidemias, así como dos peregrinos, enfermeiros, cirurxiáns, dos cans e dos inválidos. Está representado vestido de peregrino cunha ferida na perna e acompañado dun can ou un anxo.
Goente (As Pontes), 17 de agosto de 2013 (AF)
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
goente
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios