Holanda: Fin do consumo permitido de cannabis
O goberno holandés anunciou hoxe un cambio radical na súa política antidroga para evitar o narco-turismo de estudantes de toda Europa.
O primeiro ministro Jan Peter Balkenende vai seguir a recomendación do comisario europeo para a Educación, o checo Ján Figel, e os responsables do programa Erasmus de movilidade interuniversitaria, que mostraran hai pouco a súa preocupación polo rendemento escolar dos universitarios europeos. Non podemos aturar que os coffee shops e os canutos sexan máis famosos ca os muíños de vento e os queixos de Gouda, afirmou. Dende o un de xaneiro, os coffee shops serán pechados ou reconvertidos en oficinas de información turística e venda de souvenirs.
As cifras de decomisión de sustancias derivadas do cáñamo nos controis de voos e trens chegados de Holanda a Francia, Alemania ou Bélxica mostraron nos últimos anos un incremento sustancial. No caso dos voos con destino a España, as cifras resultaron espectaculares, semella que os españois atoparon nos Países Baixos o lugar para consumir e exportar estas sustancias nocivas, rematou o primeiro ministro Balkenende. Según os seus datos, un de cada dous españois que volve de Holanda oculta no seu corpo unha pequena dose de marihuana ou haxís.