Horarios da amigus-party semana santa 2006

Xa temos os horarios da party desta semana santa, así que anotádeos ben e estade moi atentos a posibles cambios de última hora.

party.jpg

Montaxe: mércores 12 de abril a partires das 19.00 no local da A.VV. das Campeiras. Precisaremos axuda, porque esta vez farase no piso de arriba do local.
Xoves: abriremos ás 10.30 e pecharemos ás 3.00 do venres.
Venres e Sábado: a hora de apertura decidirase a noite anterior.


Os horarios dos campionatos estableceranse o primeiro día en función dos equipos que se creen.
Os obradoiros serán o xoves e o venres de 16.00 a 20.00.
O xoves e o venres haberá algo de comida, pero é recomendable levar ou encargar cada un bocadillos, bebida, chucherías… 🙂
O sábado comeremos en Pena da Revolta. Pra concretar cantos iremos a comer, haberá unha lista para apuntarse, debendo apuntarse antes do venres ó medio día.
Se ainda non estas apuntado a party ou queres maís información, podes facelo en: amigus-party semana santa 2006

También podría gustarte
Comentarios