Hoxe en Dopeso, conferencia ‘Periodismo: O espectáculo da guerra’

Dende o Departamento de Cultura do Concello das Pontes infórmannos que hoxe ás 20.30 horas en Dopeso Fran Sevilla dará unha conferencia titulada ‘Periodismo: O espectáculo da guerra’.

anuncio fran sevilla.jpg


O título da conferencia é “Periodismo: O Espectáculo da Guerra”.
O dia 17 de novembro, ás 20:30 horas, ten lugar a conferencia de Fran Sevilla na Casa Dopeso das Pontes. Esta actividade enmarcase no Convenio de Colaboración entre Caixanova e a Deputación da Coruña e nesta ocasión en colaboración co Concello das Pontes.
Periodista especializado en información internacional, exerce na actualidade como correspondente volante para os servicios informativos de Radio Nacional de España, dos que durante tres anos foi xefe de internacional.
Actualmente estivo cubrindo a guerra de Irak dende o seu inicio. Antes cobreu a guerra en Afganistán dende seu inicio ata a entrada en Kabul das tropas da Alianza do Norde.
Durante catro anos resideu en Xerusalén como correspondente de RNE en Oriente Próximo.
Previamente foi enviado especial desa emisora de radio a tódolos grandes conflictos bélicos que tiveron lugar na década dos 90. As súas primeiras incursións periodísticas nos conflictos armados foron a Nicaragua sandinista, en 1984, Paraguay de Stroessner, en 1985, na Guatemala de Ríos Mont, 1985 e a Chile de Pinochet, 1986. Transmitíu sobre o terreo todo o proceso de desintegración da antiga Yugoslavia e a totalidade da guerra do Golfo.
Fran Sevilla é, ademáis, profesor do Master sobre Relacións Internacionais que anualmente organiza a facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.
Foi gañador da XVII edición (ano 2000) do premio de periodismo “Cirilo Rodríguez” destinado os correspondentes ou enviados españoís no estranxeiro.
O seu regreso de Afganistán foille outorgado o premio de periodismo da Asociación “Pro Derechos Humanos de España” e o “Premio Víctor de la Serna” o mellor periodista do ano outorgado pola Asociación de La Prensa de Madrid.
Acaba de chegar de Irak de cubrir o xuízo a Sadam Husseín e sofreu o atentado no hotel Palestina da capital iraquí fai uns días.

También podría gustarte
Comentarios