Hoxe no ALOVI a ‘Historia dun Soldado’ de Stravinsky

Hoxe ás 19.00 horas no Auditorio Municipal ALOVI, terá lugar a representación da ‘Historia dun Soldado’ de Igor Stravinsky. Nesta ocasión será versionada polo Stravinsky Ensemble acompañado polo grupo de títeres de Viravolta teatro, que interpretarán a primeira versión instrumentada para violín, clarinete e piano.
¡Non vos podedes perder esta ocasión única!

stravinsky.little.jpg


Histoire du soldat (a veces escrito L’histoire du soldat) é un traballo teatral de 1918 ‘para ser lido e bailado (‘lue, jouée et dansée’) con música de Igor Stravinsky. O libreto, baseado nun conto folclórico ruso, foi escrito en francés por C.F. Ramuz. É unha parábola sobre un soldado que negocia o seu violín co demo por un libro que predí o futuro da economía.
A música está orquestrada para un septeto de violín, cnotrabaixo, clarinete, fagot, trompeta, trombón e percusión, e a historia está contada por tres actores: o soldado, o demo, e un narrador, que tamén fai de persoaxes menores. Un bailarín interpreta o papel non falado da princesa, e pode haber tamén un grupo adicional de bailaríns.
Máis información en wikipedia.org
E máis aínda se vos pasades polo ALOVI ás 19.00
Vémonos

También podría gustarte
Comentarios