I Concurso de Fotografía: ‘Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes’
A Asociación Cultural Choiva Ázeda convoca o I Concurso Fotográfico Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes, conforme ás seguintes bases:
1ª Os concursantes poderán participar cun máximo de 10 fotografías, que se axustarán ás seguintes normas:
-Tema: O feísmo urbanístico no termo municipal do Concello das Pontes
-Modalidade: en cor eu en branco e negro, en papel fotográfico
-Tamaño mínimo: 15 x 20 cm.
2ª As fotografías presentaranse en sobre pechado figurando no exterior o número de obras presentadas e o lema do autor. Cada foto levará un título e nun sobre adxunto deberán constar os seguintes datos: nome completo do autor (aceptarase o uso de pseudónimo), número de DNI, enderezo e número de teléfono.
3ª As fotografías enviaranse a dirección postal da Choiva Ázeda:
R/ Alimpadoiros local 2 s/n CP:15320 (As Pontes) ou entregaranse directamente no Bar Súper 8, sito na rúa Coruña (en fronte da Biblioteca Municipal), dende o 1 de novembro ata o 15 de decembro.
4ª As obras pasarán unha selección previa antes de ser expostas e as elixidas formarán parte da exposición que a tal fin se inaugurará dentro dos actos a programar no marco dunha mostra organizada para tal efecto.
5ª Establécense os seguintes premios:
– 300 euros para o gañador
– dous accésits de 100 euros cada un
6ª De non haber un número mínimo de obras presentadas ou si a calidade das mesmas, na opinión do xurado, fora deficiente, os premios poderán declararse desertos.
7ª As obras gañadoras quedarán no poder da Asociación pasando a formar parte dos seus arquivos documentais, podendo reproducilos e difundilos con total liberdade.
8ª Os premios resolveranse no mes de decembro por un xurado composto por persoas vinculadas ao mundo cultural da vila de As Pontes, así como expertos en urbanismo, e actuando como secretario do mesmo, un representante da Asociación Cultural Choiva Ázeda.
9ª O dictame do xurado será inapelable e darase a coñecer na apertura da exposición que a tal fin organizará a Asociación Cultural Choiva Ázeda na Casa da Cultura do Concello das Pontes, e os concursantes, polo propio feito da súa participación, aceptan en tódolos seus termos, as presentes bases.
10ª Os membros da Organización, igual que os membros do xurado, non poderán participar neste concurso.
Para máis información: chamando ó teléfono 670 432 491 ou escribindo un correo electrónico á dirección: choivazeda@hotmail.com
Qué é o feísmo?
“Non estou moi de acordo co ese termo. Os edificios non son feos, senón malos. Hai xente que é fea, sen faccións perfectas, non é bonita, pero en cambio é verdadeira, auténtica. Son edificios que son a expresión dunha sociedade desnortada, atrapada na especulación e o mal gusto”. Cesar Portela Femández-Jardón (Arquitecto).
ou como di Javier Armesto:
“Con la expresión feísmo, más coloquial que otra cosa, se evitaba decir lo que realmente era: estropicio y, peor todavía, reconocer la dura evidencia de que hoy, a pesar del indiscutible progreso, la Galicia colonizada por el hombre, con normas, leyes, planes y recursos públicos, está más deteriorada, más fea, que veinticinco años atrás”.
Máis información na web choiva-azeda.blogspot.com