Amigus
As Pontes

I SENTADA POLA LINGUA

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A Mesa pola Normalización Lingüística para achegarvos organiza á I SENTADA POLA LINGUA que, con motivo da proximidade do Día das Letras Galegas, celebraremos este sábado día 12 no parque municipal ás 12.00 h.
A intención deste acto é conseguir que se xunte o maior número de persoas posible e que cada unha delas leve un libro, un poema e/ou unha cantiga en galego. Quen o desexe, poderá poñerse en pé para ler, recitar e/ou cantar un anaco da obra seleccionada.
Ademais da participación de Xalo Maira, responsable do pub F&K e gañador do premio O Tesouro polo emprego do galego no mundo da empresa, contaremos tamén coa presenza de músicos e poetas da vila.
Cartaz-12-maio.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios