Amigus
As Pontes

II MASTER VILA DE AS PONTES

A escudería ACAP ven de abrilas Inscripcións para a súa segunda carreira de campións no circuito de karting Pontés, que poderemos disfrutar o vindeiro día 7 de Nadal dende as 9 da mañán con unha volta de recoñecemento e logo unha manga clasificatoria.

A continuación terán lugar as eliminatorias, que consistirán en 3 carreiras contra o crono entre dous pilotos no que o mellor continuará avanzando cara á final ata que só queden 2 participantes para a final do II Máster Vila De As Pontes.

32 pilotos terán cabida neste evento que serán admitidos por rigorosa orde de inscrición. Aínda queda algunha praza, pero hai que bulir a inscribirse cubrindo o formulario da Federación Galega de automobilismo

antes de que remate o prazo o día 2.

Máis información na páxina da escudería https://automovilclubaspontes.com/index.php/gal/ver-eventos/2-master-vila-de-as-pontes

 

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.