Amigus
As Pontes

II MUNDIALITO DE FUTBOLÍN AS PONTES 2016

Disputouse este sábado nunha xornada maratoniana e resultou vencedora a parella catalana Dolcevita, que xa gañara o ano pasado.

Este sábado 21 de Maio disputouse en As Pontes a segunda edición do Mundialiño de Futbolín, na modalidade de parado, nunha carpa, no Colexio Santa María. Comezouse sobre as doce da mañá e a longa xornada rematou coa final, sobre as once e media da noite.

Achegáronse preto de duascentas parellas, en concreto 173, ademais de locais e galegas, de diversos lugares de España, coma Castela León, Cantabria ou Cataluña. Coma o ano anterior houbo torneo para as parellas pontesas e tres categorías.

Os mellores ponteses, coma na edición anterior, foron o Borea Borea, seguidos por Destroyerss e a parella formada por Saúl e Juan Manuel.

Na terceira categoría impúxose David Ortegal, na segunda posición Jony-Berto, e na terceira, Sevilla.

Na categoría dúas, venceron Roberto e Esteban, e acompañaronlles no podio Pari-Pika e Héctor-Anllo.

Na primeira categoría, a parella Dolce Vita, de Barcelona, coma o ano anterior, non tivo rival. Superaron os seis envites que tiveron dende os trintaedousavos de final, e impúxeronse con suficiencia na final, con Codina na defensa e Rafa na dianteira, á parella César-Víctor. En semifinais quedaron As Pontes, terceiro, e o equipo leonés Phaininda, cuarto.

Entregou os trofeos o pontés Jose Antonio Meizoso, once veces campión de España e subcampión mundial desta disciplina, e o Concelleiro de Deportes do Concello de As Pontes, Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios