III Xornadas de Desenvolvemento Rural en Espazos Rurais

As Xornadas que agora presentamos e que se van a celebrar os días 22 e 23 de Outubro en As Pontes, plantexámolas desde a Asociación Euroeume como a continuación dun traballo iniciado no ano 1.998 e 2.001. Esta nova edición entendémola como unha continuación dese labor, na medida en que a experiencia acumulada permítenos traballar desde o labor propio para que, tanto a xente que participa neste proceso desde dentro do territorio, como a que nos acompaña desde fora, poda opinar e propoñer sobre estas experiencias desde a análise conxunta.


A continuación poden atopar o programa das xornadas, así como un cupón cos datos precisos para a súa inscripción. A inscripción ás xornadas pódese formalizar ben a través do envío deste cupón ó enderezo de correo ordinario indicado, ou ben simplemente remitindo os seus datos por e-mail a calquera destas direccións: info@euroeume.org, comunicacion@euroeume.org
A información mailo cupón tédelo aquí

También podría gustarte
Comentarios