III Xornadas de Desenvolvemento Local en Espazos Rurais 2ª xornada

Hoxe terá lugar a segunda sesión. Pola mañá, a partires das 9.30 h., o Director Xeral de Conservación da Natureza, os alcaldes dos Concellos de Monfero, Cabanas, Pontedeume, As Pontes, e A Capela, o Presidente dos Afectados polas fragas, e o presidente de EuroEume, debatirán o Presente das _Fragas do Eume_, e as alternativas que oferta como motor de desenvolvemento. A mañá complétase cun coloquio referente á importancia do _Patrimonio da Memoria Histórica_, e finalmente cun relatorio do que foi a experiencia do CIT Eumeturismo.


As actividade da tarde centraránse na valorización dos productos locais. Primeiro haberá unha mesa redonda relativa ós _Grupos de Consumo como alternativa de comercialización no sector agroalimentario_, e posteriormente a Agrupación Agroalimentaria do Eume exporá as diferentes vías que ten abertas de cara á comercialización dos productos locais do territorio.
O acto de clausura estará presidido polo Conselleiro de Agricultura e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes. Que compartirá mesa co Alcalde de As Pontes, e o presidente de EuroEume.
Espero que nos podades acompañar. No caso de que non o podades facer, procurarei remitir unha nota despois do peche das xornadas.
Cortesía de euroeume.org

También podría gustarte
Comentarios