Intper, un rival galego para o servicio de correo de Google
Lendo codigocero.com:
“Unha iniciativa española adiántase ao GMail, o servizo de correo de Google. Trátase de Intper, un proxecto con vocación de rede social que ofrecerá máis servizos que os ideados polo popular buscador (aínda que dun xeito moito máis restrinxido). Será de balde e porá a disposición dos seus usuarios unha capacidade ilimitada de almacenamento.”…
…”A memoria virtual pódese repartir entre os buzóns de correo electrónico, un almacén fotográfico público e outro privado, un weblog (unha bitácora on line), un almacén de documentos, un organizador e editor de textos.
O servicio de correo de Intper (http://www.intper.es), que está previsto que entre en funcionamento hoxe, non permitirá adxuntar arquivos nin recibir mensaxes desde fora do colectivo de usuarios desta páxina. Os responsabeis do proxecto decidiron así blindarse contra o spam, e lembran que todos os internautas xa dispoñen de contas de balde que permiten este tipo de accións. Para organizar a caixa de correos poderase utilizar ademais un buscador persoal de mensaxes.
Os que se fagan cos servicios desta nova iniciativa poderán gardar na súa ‘carpeta personal’ os ‘favoritos’ de Internet, ata 90 enderezos que poderán ser ordenadas por textos e cores.
Intper propón ademais ós seus subscritores o IntperNavigator, unha ferramenta pensada para navegar desde casa ou o traballo sen deixar rastro no historial do explorador. Entre o resto de servicios para usuarios que se ofrecen destacan o chat privado, un sistema de mensaxeira, a unha axenda persoal con planning e finalmente unha ferramenta para organizar os contactos, as tarefas e o diario. Ademais, e para potencialo xeito de ‘rede social’ que ten Intper, os subscritores terán á súa disposición unha zona de opinión, de troco de contidos e arquivos e varios foros de debate creando así unha comunidade ‘on line’ en toda regra.
Os responsábeis de Intper queren facer especial fincape na capacidade do seu proxecto para ‘pór en común’ a información dos seus usuarios. Con este fin idearon os intpergroups, unhas comunidades abertas a grupos de amigos que se poden converter na ‘zona común’ dos navegantes. Estes grupos poden ser abertos ou pechados e podense mesmo orientar a familias. desta forma os grupos poden ter unha conta común a parte de compartir o resto de recursos que se ofertan. Pero o catálogo non acaba aquí, ademais plantearonse unhas zonas de troco de artigos, unha especie de ‘mercadiño on line’ para internautas rexistrados. A facilidade de rexistro é outro dos alicientes de Intper. Con dar o nome e a cidade de orixe xa se pode conseguir unha conta valida. A decisión de completar o resto do perfil fica a vontade do usuario.
Intper é ademais un proxecto de vocación internacional. O dominio .es está orientado o mercado español fronte ao .com que se poderá consultar en 12 idiomas entre os que se contan o finlandés, o holandés, o alemán ou o italiano. Intper foi ideado e desenvolvido desde unha empresa radicada na Coruña. Todo o concepto foi ideado por tres persoas e botou a andar o pasado mes de decembro.”
Máis información en intper.es
Fonte: codigocero.com