IRMANDADE AS PONTES-LESNEVEN-CARMARTHEN: CURSOS DE FRANCÉS E INGLÉS 2016/17

A Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen vén de abrir o prazo de inscrición dos cursos de inglés e francés para o período 2016/17. As clases serán de iniciación e perfeccionamento e van dirixidas a escolares e adultos.

As de lingua francesa, que tiveron o seu inicio no ano 1992, serán os luns e mércores (de 20,00 a 21,30) e as de inglés, os martes e xoves, tamén de 20,00 a 21,30, e serán impartidas no edificio de cultura “Casa Dopeso”. Requírese un mínimo de seis alumnos por clase.

O inicio dos cursos está previsto para o vindeiro luns 3 de outubro as de francés e o martes 4 as de inglés. Para inscrición e máis información os interesados poden facelo ó correo-e irponlescar@hotmail.com ou chamar, antes do 30 de setembro, ó teléfono 662.393.596.

A Irmandade pontesa tamén ten como actividade durante o ano a realización de intercambios coas cidades irmás, sendo o último o realizado no pasado agosto na cidade bretoa de Lesneven, onde se conmemorou o 25º aniversario da irmandade entre as dúas vilas.

cursos-2016-17

También podría gustarte
Comentarios