Amigus
As Pontes

Ismael Veiga achégase un pouco máis ó título

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O piloto pontés Ismael Veiga Balseiro firmou dúas sensacionais segundas posicións na proba do Campionato Galego disputada esta fin de semana en Rebordelos, Val do Dubra. Na primeira manga entrou por detrás de Miguel Méndez, e na segunda deuse o luxo de quedar por detrás do ex campión mundial de Enduro, o porriñés Xacob Agra.


Con estes 40 puntos Ismael sentenciou un pouco máis o Galego junior pois agora suma 230 puntos, por 162 de David López, 144 de Javier Fernández e 114 de Jose Feijoo. Na clasificación senior tamén consolidou máis o seu segundo posto aínda que non está todo feito pois o inalcanzable Adrián Garrido é líder con 385 puntos, Ismael 230, Miguel Méndez ten 196 e Miguel de la Rosa 183.
Aínda quedan dúas probas e 100 puntos por disputar, na Capela e en Meis, pero a ventaxa de Ismael semella ser suficiente para plocamarse campión galego junior de Super cross e a pouco que se lle dean medianamente ben tamén será segundo na categoría absoluta.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios