ISMAEL VEIGA FINALIZA SEGUNDO NA PROBA DE SUPERCROS DE MEIS

Gran actuación do piloto pontés Ismael Veiga Balseiro do Maceira Sport que esta fin de semana desprazouse á localidade pontevedresa de Meis pra debutar no Campionato Galego de SuperCros, especialidade na que foi sete veces campión galego anque este ano estrease na categoría senior, cos grandes.
Ismael_Veiga_22.jpg


Moi ben comezaba Ismael que rematou en terceira posición a tanda de adestramentos libres e en segunda a de adestramentos cronometrados.
Xa dentro da competición oficial, na primeira manga, Ismael remataba terceiro por detrás de Oscar Barciela e Juan Fernández.
Sensacional Ismael que gañou a segunda manga con dez segundos de ventaxa sobre Oscar Barciela e doce e medio sobre David Lorente.
Na clasificación xeral final primeiro con 45 puntos o junior Oscar Barciela, gran debut pra el, Ismael segundo con 41, e con 27 David Lorente.
Triunfadores Pablo Soto en Alevín, Joel Antón en Promesas, Óscar Barcia en Veterans e Hugo Arévalo en Promoción.
A seguinte proba do Galego de SuperCros disputarase o 14 de Maio en Ribeira.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios