IV CONCURSO DE TAPAS

A IV edición do Concurso de Tapas das Pontes xa esta en marcha e como en anos anteriores poderán participar tódolos bares, cafeterías, restaurantes e mesóns de ámbito municipal.
Este ano entre as novidades que se inclúen esta a cota de inscrición que deberán pagar os establecementos interesados en participar. Para iso terán dirixirse ao local da Asociación de Empresarios e Comerciantes, na avenida da Habana nº 59, de luns a venres, entre as 9.00 e 13.00 horas para aboar dita cota. O resto da documentación requirida deberá entregarse no Rexistro do Concello antes das 13.00 horas do 11 de setembro.
Para máis información poden poñerse en contacto coa Asociación de Empresarios e Comerciantes no tfno 981451153 no horario antes citado ou ben consultar a páxina web do Ippec ou do Concello.

También podría gustarte
Comentarios