IV FESTA DA CAZA EN RIBADEUME

O sábado, 29 de maio, celebrarase en Ribadeume a partir das 14,30 horas un xantar con motivo da cuarta edición da Festa da Caza, que organiza o Tecor Societario do Medio Eume, entidade que agrupa as parroquias pontesas de Bermui e Ribadeume.
O prezo do xantar é de 20 euros e os menores de dez anos non pagan mentres que os comprendidos entre 10 e 15 anos abonarán dez euros. A inscrición está aberta a tódolos públicos con prazas limitadas. Para apuntarse hai que facelo no Bar Casa Picos da Faeira chamando ó teléfono 981.459.039 antes do 23 de maio. Para máis información pódese contactar nos teléfonos 981.459.039, 619.571.961 e 654.165.623. O xantar estará amenizado polo trío “La Clave”.
No transcurso do acto vaise realizar unha homenaxe a Senén Barro Ameneiro, reitor da universidade de Santiago de Compostela e natural da parroquia pontesa de Ribadeume. Un científico de recoñecido prestixio en Europa e Estados Unidos, que no ano 2002 pronunciou o pregón das festas patronais da vila pontesa.
festa_da_caza.jpg


cartel_festa_da_caza.jpg

También podría gustarte
Comentarios