JUAN VIEITO, ANTÓN PORTELA E ZOE MARTÍNEZ VENCEDORES DA III REGATA WINDSURF LAGO DE AS PONTES

Durante este pasado fin de semana o lago de As Pontes acolleu a terceira edición da regata windsurf “Lago de As Pontes” para as clases Raceboard e Fórmula Wind, clasificatoria para o ranking galego que formará o equipo oficial de Galicia nas próximas citas nacionales e internacionais.

Durante este pasado fin de semana o lago de As Pontes acolleu a terceira edición da regata windsurf “Lago de As Pontes” para as clases Raceboard e Fórmula Wind, clasificatoria para o ranking galego que formará o equipo oficial de Galicia nas próximas citas nacionales e internacionais.

O Club de Vela Fluvial As Pontes, organizador da regata, confirmou a participación de 34 regatistas procedentes dos clubes Vértigo Sailing (Vigo), Castrelo do Miño, Ferrolvento, Limens Wind & Sup (Cangas), Playa de Oza (A Coruña), CV Tavante (Tenerife), CNR Ares, así como do propio club de vela pontés.

A pesar de que todos os partes meteorolóxicos pronosticaban vento moi frouxo, a tarde del sábado deu unha pequena tregua o que permitiu sair á agua a toda a flota e disputar 3 mangas da clase Raceboard aínda que tan so unha manga da clase Fórmula Wind, suspendéndose a regata por falla de vento cando se estaba disputando a segunda manga desta clase.

Na xornada do domingo cumplíronse os peores pronósticos e eolo apenas asomou polo lago de As Pontes, permitindo disputar tan so unha única manga da clase Raceboard e ningunha de la clase Fórmula Wind.

En Fórmula Wind o vencedor resultou Juan Vieito, por diante do vigués Marcos Fernández, ambos do Vertigo Sailing. Terceiro acabou Guillermo Pan do Playa de Oza.

En Raceboard o vencedor foi Antón Portela, do CNR Ares, seguido de Tomás Vieito, segundo, e de Víctor Robleda, terceiro, ambos do Limens Wind and Sup. Nesta categoría participou o único representante pontés, Luis Díaz-Faes.

Na categoría Escola a gañadora foi Zoe Martínez, por diante de César Torné e Juan Alfaro, todos eles do Limens Wind & Sup.

Nova cortesía de Xose Ferreiro.
Fotos cortesía de Raimundo Carballo e Miguel Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios