La mina de Endesa pervive en maqueta

Diario de Ferrol. Conocieron la mina de Endesa por razones profesionales y han querido perpetuarla a través de unas maquetas que ahora se exponen en el Mercado Vello de As Pontes. Manuel Barro y Carlos Basoa son los autores de las réplicas que pueden visitarse en esta sala hasta el próximo 6 de febrero y que se acompañan de una presentación fotográfica sobre el pasado, presente y futuro de la mina y un vídeo que muestra de manera virtual el proceso de creación del lago que la sustituirá.

Manuel Barro traballa en Endesa, case sempre como maquinista. Carlos Basoa faino para Acebrón, unha empresa ubicada en Penapurreira pero, por motivos laborais, tamén coñece a mina por dentro. Os dous comparten o seu interese pola maquinaria empregada para a extracción de lignito nas Pontes e gardan réplicas de excavadoras, bulldozers, volquetes, trens e outros utensilios que serviron ó longo dos anos para sacar da terra o mineral. Manuel fainas coas súas propias mans, Carlos pescuda en empresas especializadas en maquetismo para xuntar as 300 pezas da súa colección.
No Mercado Vello poden verse desde onte e ata o día 6, xunto cunha presentación fotográfica do pasado, presente e futuro da mina, un vídeo virtual sobre o proceso de formación do lago e outro no que se explica como se facía o traballo de extracción. O Concello das Pontes e Endesa colaboran nesta iniciativa que complementa o programa da Feira do Grelo de mañá.
Manuel Barro fixo a finais dos oitenta a pequena réplica dunha excavadora con recortes de aluminio. Levouna ó traballo e aí correu de boca en boca a súa habilidade ata que chegou ó entón director, que lle pediu unha de maior tamaño. “Viuna o meu xefe e chamoulle a atención, despois enterouse o director”, conta. Pouco a pouco foi facendo unha réplica de máis dun metro de longo, totalmente articulada –“fai os movementos todos, aínda que sen motor”–, que pertence á empresa e que tamén está na exposición.
Desde entón seguiu desenvolvendo esta actividade “nos ratos libres”. Con cartón-pedra e con madeira foi construíndo rotopalas, excavadoras e trens, algúns dos cales son agora patrimonio do Concello. “Eu logo busco a maneira de facer as pezas. Algunha levoume catro ou cinco horas. E iso que se poden mellorar”. A maior parte da maquinaria que fai Manuel Barro empregouse algunha vez na mina e ten, incluso, unha sonda. “Tamén fixen o primeiro tren que houbo, que non tiña nin marcas, que arrastraba vagonetas”, explica.
A el esta actividade sírvelle para relaxarse. O problema é o espazo. “Os trens andan cerca do metro e a excavadora é dun metro”. Aínda así, el seguirá e agora dedícase “a un tren que estou inventando por aquí”.
Carlos Basoa é coleccionista. Compra as pezas xa feitas ou “en kits que despois monto”. Son sempre máquinas relacionadas coa minería, “e se pode ser co referente do lignito, mellor”. Agora posúe preto de 300 pezas. “Xa non teño donde metelas. Teño tres estanterías especiais que viñeron de Italia pero aí caben só algo máis de 200”.
A súa querencia por estas máquinas comezou co agasallo dun familiar, polos anos 80. Entón era doado atopar incluso en grandes superficies réplicas da maquinaria da empresa Caterpillar, que fabricaba unha empresa de xoguete de Alicante. Agora el ten como referencia unha empresa norteamericana e outra alemana e tamén emprega internet para localizar pezas raras. “É difícil porque se tes unha peza descatalogada, non a vendes”.
No Mercado Vello expón máis dunha vintena de pezas relacionadas directamente coa mina. Ten en proxecto reproducir con elas parte da explotación. “Sería un trozo de 80 centímetros de longo por 1,20 de ancho, cun corte seccional da mina”, di. Ten incluso os traballadores, a escala, cos seus buzos marcados co nome de Endesa. “Tamén teño fotos dunha máquina exclusiva da mina das Pontes, que non se fabrica, e que vou facer xuntando as pezas de varias”.
A disposición do Concello pon toda a súa colección para un futuro Museo da Minería que garde o recordo dunha actividade extractiva que se vai perder baixo as augas do Eume.Manuel Barro traballa en Endesa, case sempre como maquinista. Carlos Basoa faino para Acebrón, unha empresa ubicada en Penapurreira pero, por motivos laborais, tamén coñece a mina por dentro. Os dous comparten o seu interese pola maquinaria empregada para a extracción de lignito nas Pontes e gardan réplicas de excavadoras, bulldozers, volquetes, trens e outros utensilios que serviron ó longo dos anos para sacar da terra o mineral. Manuel fainas coas súas propias mans, Carlos pescuda en empresas especializadas en maquetismo para xuntar as 300 pezas da súa colección.

A disposición do Concello pon toda a súa colección para un futuro Museo da Minería que garde o recordo dunha actividade extractiva que se vai perder baixo as augas do Eume.

También podría gustarte
Comentarios