Lembrando a JOSE RAMÓN CORRAL BUSTABAD

corral_1.jpgHoxe, día 31 de Xaneiro, hai cinco anos, coñecíamos a triste nova do falecemento do gran deportista pontés Jose Ramón Corral Bustabad, á idade de 34 anos, vitima dun atropelo na cidade da Coruña.
 
Nacido en As Pontes en 1973, Corral iniciouse dende ben pequeno na práctica do piragüismo. Formado na gran canteira do Grupo Xuvenil As Pontes, de onde saíron o campión de Europa Borja Prieto, o subcampión mundial Dani Feijoo, Arturo Torrente, Antonio Polo e tantos outros moitos, chegou a competir tamén no Naútico Firrete de Pontedeume e As Torres Romaría Vikinga de Catoira, que foi o seu último clube.
Aínda a día de hoxe, e a pesar de levarse disputado xa 76 edicións da proba, sigue vixente o seu logro de ser o primeiro e único piragüista galego capaz de vencer na categoría absoluta do K1 do Descenso Internacional do Río Sella, fito que logrou un sábado 10 de Agosto de 1996 histórico para o deporte pontés. Tamén quedou segundo en 1999, por detrás de Alberto Llera, e 5º en 1997.
Convertíase dese xeito no cuarto piragüista de As Pontes que triunfaba na proba asturiana, a competición internacional máis importante do mundo do piragüismo, tras Obdulia García, Javier Mieres e Susana Bellas.
 
Foi Campión de España Xuvenil en K2 1000 metros xunto a Arturo Torrente Bellas en 1991. Con Arturo tamén foi dúas veces subcampión de España Xuvenil, en K2 500, e subcampión de España Senior en K2 200.
 
corral


Corral deixou un pouco aparcado o mundiño da competición polos seus estudos universitarios, pero regresou nas distancias longas e pola porta grande, e así en 1996 foi Campión da Copa de España de Maratón, competición na que foi segundo en 1998, cuarto en 1997 e quinto en 2000. En 1998 tamén conquistou o Campionato de España de Maratón, sendo segundo en 1999 e cuarto en 1996 e 1997.
 
Foi 8 veces campión galego e 6 veces subcampión de Galicia. Entre os seus éxitos tamén están as súas victorias nos tres grandes descensos de Galicia, o Descenso do Miño, do Sil e do Eume.
 
A súa valía levouno a ser convocado tres veces para representar a España nos Campionatos do Mundo de Piraguismo na modalidade de Maratón, quedando 19º en “Suecia 1996”, 18º en “Sudáfrica 1998” e 17º en “Hungría 1999”. Tamén representou á selección española en diversas probas da Copa do Mundo, sendo 13º en “Francia 1998” e 14º en “República Checa 1999”.
 
corral
 
Tampouco pasaba desapercibido Jose Ramón na súa terra natal e así foi elexido mellor deportista de As Pontes en 1990 (xunto a Torrente) e en 1998, sendo tamén finalista nas edicións de 1996 e 1999.
 
Gran amante do mundo do deporte, na súa etapa coruñesa de estudante de INEF tamén fixo os seus pinitos no mundo do Triatlón e incluso sendo ben pequeno, a mediados da década dos 80, formou parte das categorías inferiores do Endesa de As Pontes, co que chegou a ser Campión da Copa de Ferrol e subcampión de Liga, na categoría alevín, nunha tempada de dura competencia co Cedeira.
 
corral
 
A súa paixón polo mundo do piragüismo levouno a convertirse en adestrador, e incluso profesor de adestradores, sendo unha persoa moi querida, valorada e respetada neste mundiño, ó que adicaba moito esforzo e no que sacrificaba moitas horas de maneira altruista.
 
Traballaba como Policía Local na cidade de A Coruña. A título póstumo ingresou na Real Orde do Mérito Deportivo, outorgandolle a medalla de bronce o Consello Superior de Deportes Español, e o Concello de As Pontes decidiu poñerlle o seu nome ás instalacións naúticas do Pantano da Ribeira.
corral
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios