PONTOIBO CELEBROU O SAN VICENTE

Esta fin de semana o barrio pontés de Pontoibo celebrou as súas tradicionais festas na honra de San Vicente, as primeiras do ano e unhas das máis tradicionais e antigas do concello de As Pontes e comarca.
Os festexos comezaron o sábado 26 cunha misa á unha do mediodía, para continuar coa sesión vermú a cargo da afamada orquestra Trébol, con máis de sesenta anos de historia, que tamén amenizou a concorrida verbena xunto a outra prestixiosa orquestra, a Sintonía de Vigo.
O domingo amenceu cunha chuvia constante, ó contrario do sábado que fixo un bo día de primavera, que durou practicamente toda a xornada. A pesar do mal tempo, varios centos de romeiros achegáronse a este santuario para asistir á tradicional poxa de produtos do campo que dende hai moitos anos vén realizando o popular e coñecido Salustiano Ameneiro, quen ós seus xa superados noventa anos entretivo ó público cos seus chistes e comentarios ó mesmo tempo que ía facendo a poxa de produtos da terra, como mel, chourizos, carne de porco, polos, trigo, maínzo, patacas, empanadas, doces e algún agasallo curioso, como un reloxo ou un par de calcetíns.
A primeira hora da mañá o grupo tradicional os Trevillas fixo un pasacalles polo barrio. A misa nesta xornada de domingo adiantouse ás doce do mediodía para que os veciños e convidados se retirasen antes a gozar dun bo xantar do patrón, non sen antes escoitar e bailar ó son da orquestra Xente Nova, que tamén estivo na verbena que comezou ás oito do serán.
pontoibo


O SANTUARIO DE SAN VICENTE DE PONTOIBO
Esta capela situada a tiro de pedras da vila de As Pontes data de moi antigo, pois aínda que o templo foi reformado e ampliado no ano 1847, a imaxe de San Vicente ten máis antigüidade, calcúlase nuns cincocentos anos. A capela foi construída nunha zona onde apareceron restos primitivos doutras civilizacións, como un sarcófago situado actualmente á carón da capela.
Segundo o libro de contas de San Vicente, que comeza no ano 1858 e remata en 1912, a capela foi reconstruída sobre unha antiga no ano 1911 cuns gastos de 2.282 reais nas obras, xa que o material foi doado polos veciños. Nas últimas décadas sufriu reformas, sendo a última, a ampliación do campo da festa e a desaparición da cubrición de uralita que afeaba o entorno da capela. Hoxe en día é unha das capelas mellor conservadas da comarca situada nunha fermosa paraxe preto da vila de García Rodríguez.
A orixe das poxas data do ano 1882 e hai constancia dos nomes dos mordomos do santuario, dende 1857, con Francisco de Castro, ata José María Vázquez en 1912.
Pontoibo, 28 de xaneiro de 2013 (AF)
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
pontoibo
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios