Día das Letras Galegas´08: Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 5 de febreiro de 1915 – Vigo, 2 de marzo de 1985) foi un escritor (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador, e editor galeguista. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca.


É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, con unha gran actividade que chega dende a literatura (novela, poesía, teatro) deica a investigación coma arqueólogo e a súa tarefa coma editor e gran galeguista, militando na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista.
É un dos representantes da poesía neotrobadoresca.,vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa .
Xosé María, Alfonso e Celso Álvarez Cáccamo, escritores os tres, advirten que a figura do seu pai ten máis relevancia na historia cultural recente de Galicia que o lugar que ocupa na historiografía. Os tres coinciden en sinalar que «a súa actitude modesta marcou o seu desinterese por figurar».
Xosé María Álvarez Blázquez en 1945 foi finalista do premio Nadal coa novela En el pueblo hay caras nuevas. En 1950 fundou con Luís Viñas Cortegoso a Editorial Monterrey e premio Historia dos Xogos Florais de Vigo. En 1954 primeiro premio de poesía no Concurso dentro de Fillos de Vigo e premio Pondal de poesía do CEBA. En 1955 é premio Peréz Galdós de novela. En 1958 é premio Biografía da Asociación da Prensa de Vigo. En 1960 é premio Ramón Mourente e premio Valle Inclán nos Xogos Florais Minho-Galaicos, ademais de premio de novela López Cuevillas no I Certame Literario do Miño celebrado en Lugo, e premio especial Blas Agra sobre a historia do periodismo vigués. En 1961 é premio Álvares García de biografía , premio Josefina de Lema.
En 1962 ingresa na Real Academia Galega, é premio Enrique Lorenzo Docampo. Funda, xunto aos seus irmáns Álvaro e Emilo Edicións Castrelos , en 1964, da que foi director xerente, e na que destacan as súas coleccións de O Moucho, de libros do pobo para o pobo, uns libriños de baixo prezo e gran difusión que marcaron época nos anos 60 e 70 do pasado século que contaron con unha grande aceptación por parte dos lectores, como destaca as reedicións de O catecismo do labrego, é nesta ano tamén premio Club de Ribadavia. En 1967 é premio Noriega Varela. En 1968 é premio das Letras da deputación Provincial de A Coruña. En 1971 é premio Cidade de Vigo. Foi cronista oficial da cidade de Vigo.
Dedicou atención ao estudo da Arqueoloxía, que tivo como resultados os descubrimentos de laudas sepulcrais da época romana en Vigo, das industrias paleolíticas do Baixo Miño e das Gándaras de Budiño, de restos dunha instalación romana de obtención de aceite de oliva en Teis (Pontevedra), unha cisterna con enxoval funerario da época do bronce en Atios (Pontevedra), etc.
Na investigación literaria descubriu a égola Belmiro e Benigno de Pastor Díaz, e realizou contribucións a época chamada da Decadencia (Escolma de Poesía Galega t.II), con investigacións que alcanzan ao teatro, as panxoliñas, a poesía lírica, a prosa político-social, a poesía panfletaria, o romanceiro, etc., da citada época.
Xosé maría Álvarez Blázquez colaborou en diversos medios (BBC de Londres, Radio Vigo, Prensa de Galiza, Portugal e América, etc.) e pronunciou moitas conferencias en España e no mundo. Algúns dos seus poemas teñen sido musicados polos mestres Freitas Branco, Rodolfo halff-ter, Groba Groba e Ignacio Iglesias. Mostras da súa obra poética figuran en antoloxías de Enrique de Arcoaga, Varela Jácome, Fernández del Riego, González Alegre, etc. Súa novela En el pueblo hay caras nuevas, ten sido traducida o francés (Nogent-sur-Marne, 1969).
Obras
Narrativa

Os ruíns, 1936 (relatos)
El crimen de la isla verde, 1941
En el pueblo hay caras nuevas, 1945 (novela en castelán, finalista do Premio Nadal)
Una cabaña en el cielo, 1952
Las estatuas no hablan, 1955
Crecen las aguas, 1956
A pega rabilongo e outras historias de tesouros, 1971 (narrativa infantil)

Poesía

Abril, 1932
Poemas de ti e de min, 1949 (poemario co seu irmán Emilio Álvarez Blázquez)
Roseira do teu mencer, 1950 (poemario)
Cancioneiro de Monfero, 1953 (poemario)
Romance do pescador peleriño, 1954 (poemario)
Escolma de epigramas, 1968 (poesía)
Canle segredo, 1976 (escrito en 1954) (poemario)

Teatro

El zapato de cristal, 1947
Los pazos altivos, 1947

Ensaio

El libro del por qué?, 1945
Arquitectura rural gallega. Un plano de Fray Manuel Caeiro, 1948
Industria paleolítica de la comarca de Tuy, 1949
Vigo, 1950
Romerías gallegas, 1951
O vencello espiritual dos Fisterres Atlánticos, 1951
Industrias paleolíticas do Baixo Miño, 1952
Escolma de poesía medieval, 1975
Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX, 1959

También podría gustarte
Comentarios