LIGA DE FERROL INFANTIL: CD AS PONTES 7 – RACING DE FERROL B 0
Partido este sábado á tarde no Evaristo Puentes
O Infantil pontés vencía este sábado por 7-0 ao Racing de Ferrol B, tantos anotados por Lucas Blanco (3), Iván Rodríguez, Martín González, Naúl Suárez, e un en propia meta.
Deuse a curiosidade da arbitraxe de Iago Expósito, fillo de Santi, o adestrador de porteiros, nunha semana de alegría do equipo azul coa convocatoria de David Otero e Xoel Galego á Selección de Ferrol.
Os azuis son quintos con 11 puntos antes de recibir ao Ortigueira, oitavo con tres.
Nova cortesía Raimundo Carballo