Importante triunfo do Xuvenil pontés este sábado á tarde 4-1 ante o Galicia de Mugardos.
Aos cinco minutos xa dominaban 2-0 os de Joaquín Breijo con ambos tantos de Anxo Blanco que preto do descanso marcaba o 3-0 que supoñía o seu hat trick e parecía definitivo para a vitoria.
Pero un tanto dos visitantes xusto antes do intermedio fixo manter a incertidume todo o segundo tempo ata que no desconto Xandre anotaba o 4-1 definitivo.
Terceiros con 13 puntos, próxima visita ao colista Maniños. Xogaron Joel, Daniel, Bruno, Sergio, David, Carlos, Mateo, Diego, Blanco, Xandre, Antón, e despois Rey, Tadios, Borja, Jorge e Alejandro.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro