LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Rematou a primeira volta con Fisioterapia DC-HIM&HER co título oficioso de campión de inverno, cos mesmos puntos que As Pontes 74 e La Galaxia, pero cun partido menos

Rematou a primeira volta con Fisioterapia DC-HIM&HER co título oficioso de campión de inverno, cos mesmos puntos que As Pontes 74 e La Galaxia, pero cun partido menos

Esta fin de semana disputáronse dous encontros da liga de veteranos que foran aprazados no seu día. Fisioterapia DC-HIM&HER gañou con claridade a As Pontes 74 por 1-3 (goles de Javi e Iván -2- e Pablo), mentres que MMYPEM, que está a facer un bo campionato goleou a Electricidad J&O por 4-0 (Narciso -2-, Marcos e Óscar).

Encabeza a clasificación Fisioterapia DC-HIM&HER con 18 puntos, os mesmos que teñen As Pontes 74 e La Galaxia, pero cun partido menos, precisamente o que teñen que disputar con A Cepa da primeira xornada de liga, que se xogará o vindeiro sábado 17.

Con 14 puntos está Bar Xardín. Mobles Eume, MMYPEM e Farmavida teñen 13 puntos; Galiorient, 8; Electricidad J&O, 7, e pecha a clasificación A Cepa con 6 puntos.
Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, suma 14 goles; Fernández (A Cepa), 12; Martín, Mobles Eume, 8. Oito suma Martín (Mobles Eume). Con 7 goles están Fontao (La Galaxia), Miguel (Mobles Eume) e Julio (As Pontes 74).

10ª XORNADA 10-11 / Decembro / 2016

Galiorient – Electricidad J&O (Sáb. 10, 19:00 h)
Bar Xardín – Mobles Eume (Sáb. 10, 20:00 h)
La Galaxia – As Pontes 7 (dom. 11, 10:00 h)
MMYPEM – Farmavida (Dom. 11, 11:00h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – A Cepa (Dom. 11, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios