CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 2-3-4 / DECEMBRO / 2016

O primeiro equipo acadou un empate en Negreira ante un conxunto moi difícil. Boa vitoria do xuvenil a domicilio ante o campión do ano pasado. Tamén gañaron o alevín A, os dous benxamíns e o prebenxamín A, que estará na Liga dos mellores.

O primeiro equipo acadou un empate en Negreira ante un conxunto moi difícil. Boa vitoria do xuvenil a domicilio ante o campión do ano pasado. Tamén gañaron o alevín A, os dous benxamíns e o prebenxamín A, que estará na Liga dos mellores.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes (Descansou)

Descansou esta xornada o feminino, que segue terceiro con 31 puntos, nunha xornada que viu o primeiro partido do Maniños que non acaba en triunfo, xa que empatou 1-1 en Caranza, o que aproveitou O Val B, para con 36 puntos poñerse a un punto das de Fene, se ben estas teñen un encontro menos. As azuis reciben na vindeira xornada ó colista con dous puntos, A Capela.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª FASE (D. Ferrol)
Numancia de Ares – CD As Pontes (2-5)

Gran triunfo do xuvenil pontés nas terras do gran Marcelino. Se hai un par de semanas vencía ó mellor equipo da primeira fase, o Caranza, nesta venceu ó campión do ano pasado nin máis nin menos que 2-5, equipo, que entre outras cousas, hai apenas un ano vencía ós azuis en Prados Vellos por 8-0. Bruno e Josiño adiantaron ós de Felipe Mieres, pero despois do descanso Antón e Raúl empataban. Outro gol de Josiño puxo o 2-3 e xa nos últimos minutos Alex Barro estableceu o resultado definitivo con un dobrete.
É líder con sete puntos antes de recibir ó perigoso Ensanche ferrolán, que leva dúas goleadas nos dous partidos que disputou. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Andrés, Iago, Jaime, Manuel Romero, Casas e Josiño, entrando despois Cazás, Alex Barro, Manuel Fernández e Derick Sakpa.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Numancia de Ares (3-5)

O cadete pontés perdeu 3-5 na visita do Numancia. Os visitantes adiantáronse no primeiro tempo cos goles de Mario e Iván, pero no principio do segundo empataban os de Rubén Pardo con tantos de Joan e Xoel. Pero outros dous de Iván e un quinto de Martín deron os tres puntos ós de Ares, maquillando Vicente o marcador no último minuto.
Son quintos con catro puntos, antes de visitar ó Miño, sétimo con tres. Xogaron Juan, Eyob, Nono, Santi, Antonio, Antón Paz, Joan, Xoel, Vicente, Xan e Jose, entrando despois Xavi, Azoin, Jorge, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (D. Ferrol)

O conxunto infantil acabou a primeira fase a semana pasada, e esta á espera de iniciar a súa Liga do segundo grupo.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – SRD Portuarios B (14-3)
Numancia de Ares – CD As Pontes B (6-3)

O Alevín A venceu por goleada (14-3) ó Portuarios B e acabou terceiro do seu grupo con 18 puntos. Pero, como os dous mellores terceiros son Ánimas (22) e Numancia (21), este último por diante do Eume (21) por número de goles, xogarán no segundo grupo. Goles de Diego Purriños (5), Ali Karim (2), Anxo Rey (2), Billal Belhaj (2), Sergio Cabarcos, Diego Purriños e Eloy Pita.

Precisamente o Alevín B perdeu 6-3 ante o Numancia e acaban cuartos con 16 puntos, polo tanto tamén xogarán no segundo grupo. Goles de Xandre Fernández, Israel Varela e Carlos Villasuso.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Eume Deportivo (6-4)
Galicia de Caranza B – CD As Pontes B (2-5)

O Benxamín A gañou 6-4 ó segundo clasificado, Eume Deportivo. Acaban a Liga sextos con 15 puntos e xogarán no terceiro grupo. Goles de Adrián Díaz (2), Diego Lozano, Iker López, Sergio Vázquez e un en propia meta.
O Benxamín B venceu 2-5 ó Galicia de Caranza B, e acaba cuarto con 16 puntos polo que xogará no grupo segundo. Dous goles de Xalo González, un de Diego Solano e Sergio Barro, e outro en propia meta.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
Racing de Ferrol C – CD As Pontes (2-14)
CD As Pontes B – CD Narón C (2-4)

O Prebenxamín A gañou 2-14 ante o Racing de Ferrol C, concluíndo unha magnífica primeira fase como segundo con 27 puntos, con nove vitorias e unha soa derrota, ante o líder Racing de Ferrol. Xogarán no primeiro grupo, na Liga dos mellores. Goles de Iker Ares (5), Xandre Domínguez (2), Lucas Blanco (2), Alex Basanta, Xavi García, Xabi Álvarez, Felipe Riveira e Xalo Cebreiro.

O Prebenxamín B perdeu 2-4 ante o CD Narón C, acabando décimo con tres puntos. Xogará no terceiro grupo. Goles de Iker Díaz e Xoel Galego.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios