LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

A pesar da derrota, Fisioterapia DC-HIM&HER segue de líder, agora con tres puntos sobre La Galaxia, que é segundo

Nunha xornada na que houbo moitos goles, o partido máis salientable foi o que disputaron Fisioterapia DC-HIM&HER e La Galaxia, primeiro e segundo clasificados, un encontro moi disputado, intenso e por momentos moi tenso, que gañou merecidamente La Galaxia, que igualou o resultado da primeira volta.

Pese a perder, continúa na primeira posición Fisioterapia DC-HIM&HER, seguido a tres puntos de La Galaxia, que aínda ten opcións de campionato. Os “fisios” teñen moito ó seu favor, xa que con facer o que fagan os “galácticos” serían campións na súa primeira participación na competición. Incluso, perdendo un partido, La Galaxia tería que gañar os tres que restan de liga e superar a diferenza de goles, que agora mesmo está en +23 para Fisioterapia DC-HIM&HER e +19 para La Galaxia.

Na terceira praza está Mobles Eume con 28 puntos. Xa máis distanciados As Pontes 74 e MMYPEM, con 22; Farmavida e Bar Xardín, con 20 puntos; Galiorient, con 17, A Cepa con 15 e pecha a clasificación, con 7 puntos, Electricidad J&O.   

Seguen empatados a 24 goles na táboa de goleadores Iván (Fisioterapia DC-HIM&HER) e Fernández (A Cepa). Suman 13 goles Tomás (Galiorient), Martín (Mobles Eume) e Fontao (La Galaxia).

Na vindeira xornada, a décimo sétima, especial atención ós encontros Fisioterapia DC-HIM&HER  –  Bar Xardín  (Dom. 12, 10:00 h) e La Galaxia  –  Farmavida   (Dom. 12, 12:00 h).

  

16ª XORNADA 4-5 / Marzo / 2017

 Farmavida  –  Galiorient  (3-0) Pichote, Rafa e Alberto

As Pontes 74  –  Mobles Eume  (1-2) Óscar / Martín e propia porta

Bar Xardín  –  Electricidad J&O (1-0) Iván

Fisioterapia DC-HIM&HER    –  La Galaxia  (2-5) David e Corral / Juan, Sergio, Nené, Fontao e Sito

MMYPEM  –  A Cepa   (5-3) Luis, Narciso (3) e Choupi / Alberto, Lolo e Ramón

 

17ª XORNADA 11-12 / Marzo / 2017

Electricidad J&O  –  As Pontes 74  (Sáb. 11,  19:00 h)
A Cepa  –  Mobles Eume  (Sáb. 11, 20:00 h)
Fisioterapia DC-HIM&HER  –  Bar Xardín  (Dom. 12, 10:00 h)
Galiorient  –  MMYPEM  (Dom. 12, 11:00h)
La Galaxia  –  Farmavida   (Dom. 12, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios