LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

O Fisioterapia DC-HIM&HER a un punto de proclamarse campión de liga

Na súa estrea na competición o conxunto do Fisioterapia DC-HIM&HER está a un paso de lograr o seu primeiro título da liga de fútbol de veteranos de As Pontes.

O outro candidato, La Galaxia, necesita unha derrota do primeiro e gañar o seu partido contra Electricidad J&O e superar ós “fisios” en diferenza de goles, nestes momentos, tres a prol dos primeiros.

La Galaxia, sabedor de que tiña que marcar moitos goles para contrarrestar a diferenza, non tivo compaixón de Mesón A Cepa, ó que goleou por un contundente 9-0, encontro no que Sito anotou 4 tantos. Claro triunfo de Fisioterapia DC-HIM&HER sobre Galiorient (3-0). Vitorias pola mínima de As Pontes 74, 1-2 ante MMYPEM; Mobles Eume sobre Electricidad J&O (0-1), e de Farmavida diante de Bar Xardín (3-4).
A falta dunha xornada para o final, é líder en solitario Fisioterapia DC-HIM&HER con 42 puntos, seguido a tres por La Galaxia. Mobles Eume confirma a terceira praza con 34 puntos, o mesmo que As Pontes 74 (28 puntos) quedará de cuarto pase o que pase na derradeira xornada. Seguen na clasificación Farmavida (23 puntos), MMYPEM (22) Bar Xardín e Galiorient, con 20 puntos, A Cepa con 15 e pecha a clasificación, con só 7 puntos, Electricidad J&O.

Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, segue de líder na clasificación de goleadores con 29 tantos. Na segunda posición está Fernández (A Cepa), con 25. Xa máis distanciados atópanse Martín (Mobles Eume) e Fontao (La Galaxia), con 15 goles.

A vindeira fin de semana dispútase a xornada 18ª, con especial atención ós partidos dos dous primeiros, Electricidad J&O-La Galaxia (Sáb. 25, 19:00 h). Fisioterapia DC-HIM&HER – As Pontes 74 (Sáb. 25, 20:00h)

13ª XORNADA 18-19 / Marzo / 2017

MMYPEM – As Pontes 74 (1-2) Marcos / Raúl e Óscar
Electricidad J&O – Mobles Eume (0-1) Piña
Bar Xardín – Farmavida (3-4) Felipe (3) / Tino (2) e Manolo (2)
Fisioterapia DC-HIM&HER – Galiorient (3-0) Iván (2) e Juanjo
La Galaxia – A Cepa (9-0) Sito (4), Nené, Sergio (2), Julio e Fontao

18ª XORNADA 25-26 / Marzo / 2017

Electricidad J&O – La Galaxia (Sáb. 25, 19:00 h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – As Pontes 74 (Sáb. 25, 20:00 h)
MMYPEM – Bar Xardín (Dom. 26, 10:00 h)
Farmavida – A Cepa (Dom. 26, 11:00h)
Galiorient – Mobles Eume (Dom. 26, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios