LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

As Pontes 74 é o novo líder empatado a 12 puntos con La Galaxia, que nesta xornada deu a sorpresa ó perder con Galiorient, equipo que gañou o primeiro partido da tempada

As Pontes 74 é o novo líder empatado a 12 puntos con La Galaxia, que nesta xornada deu a sorpresa ó perder con Galiorient, equipo que gañou o primeiro partido da tempada

Fisioterapia DC-HIM&HER, que leva tres xornadas sen perder e ten un partido menos, é cuarto con nove puntos, despois de remontar un 2-0 de MMYPEM. Na terceira posición, con dez puntos, está Mobles Eume, que venceu con claridade a Farmavida, con tres tantos de Piña. Importante e clara vitoria (3-0) de Mesón A Cepa sobre Electricidad J&O. O novo líder, As Pontes 74, venceu (3-1) na xornada do domingo a Bar Xardín Lecard 712, que é quinto con 8 puntos.

Seguen na clasificación, Electricidad J&O e Farmavida, con 7 puntos, Mesón A Cepa con 6, Galiorient con 5 e pecha a clasificación, con 4 puntos, MMYPEM, que tamén ten un partido menos, o mesmo que Electricidad J&O e Mesón A Cepa.

Agora dous xogadores encabezan a clasificación con 7 goles, Iván (Fisioterapia DC-HIM&HER) e Fernández (A Cepa). Seis ten Miguel (M. Eume), Fontao (La Galaxia), suma 5 goles. Teñen catro goles Cazás (Bar Xardín), Martín (Mobles Eume) e Julio (As Pontes 74).

A vindeira fin de semana xógase a sétima xornada, con estes interesantes choques: Mobles Eume-As Pontes 74 e La Galaxia- Fisioterapia DC-HIM&HER.

RESULTADOS 6ª XORNADA 5-6 / Novembro / 2016

A Cepa – Electricidad J&O (3-0) Fernández (2) e Lolo
Mobles Eume – Farmavida (6-2) Piña (3), Miguel, Martín e Alfonso / Salido e Pichote
As Pontes 74 – Bar Xardín (3-1) Julio, Vila e Platas / Pedro
La Galaxia – Galiorient (1-2) Sergio / Kata e Tomás
MMYPEM – Fisioterapia DC-HIM&HER (3-5) Manuel e Choupi (2) / Iván (2), Corral, Franco e Paco

7ª XORNADA 12-13 / Novembro / 2016

Electricidad J&O – Bar Xardín Lecard (Sáb. 12, 19:00 h)
Mobles Eume – As Pontes 74 (Sáb. 12, 20:00 h)
Galiorient – Farmavida (Dom. 13, 10:00 h)
La Galaxia – Fisioterapia DC-HIM&HER (Dom. 13, 11:00h)
A Cepa – MMYPEM (Dom. 13, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios