LIGA GALEGA BENXAMÍN GRUPO NORTE 1. HC AS PONTES 1 – DOMINICOS ROJO 8

Partido este domingo á mañá no Pavillón de A Magdalena

Debut como local este domingo á mañá do equipo pontés Benxamín de Hockey Patíns contra unha das grandes canteiras galegas como é a do Dominicos.

Non en van, do equipo herculino foron convocados dous xogadores, Bruno Saavedra e Jacobo Copa, para o Europeo Sub17 Paredes 2021 que España ganou 3-8 a Portugal, incluso Jacobo repetiu en Sant Sadurní d´Anoia 2022 co 7-6 ao equipo lusitano.

Ademáis adestrados polo gran porteiro Martín Barrós, que fora Campión Europeo Sub20 en Francia 2006 co triunfo 5-1 de España sobre Portugal, no que era suplente do gran Xevi Puigbí (Campión Mundial en China 2017), nun equipo con xogadores contrastados coma Pablo Cancela, Eloi Mitjans, Marc Coy, Ferrán Formatjé, Jordi Ferrer ou Santi Teixidó.

Ceníndose ao partido gran encontro dos rapaces de Alfonso Prieto, moi ben Xisco, que lle van tomando o pulso á complicada categoría, e incluso anotaron o seu primeiro gol por medio de Sergio Balsa.

Proximo partido recibindo ao Santa María del Mar, nun grupo plenamente coruñés no que tamén están Liceo B, Riazor, e Oleiros. Xogaron Xisco, Xulia, Manuel, Sergio, Roi, Unai, Xos e Mauro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios