Amigus
As Pontes

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – VICTORIA CF 2

Partido este domingo soleado á tarde no Poboado

O As Pontes rescatou un punto por dúas veces pois igualou 1-1 nos últimos cinco minutos e 2-2 no derradeiro minuto de desconto, o 98´.

Na primeira metade apenas resaltar un tiro ao poste dos visitantes nada máis comezar o encontro e dous balóns que se pasearon por ambas áreas sen atopar rematador.

Os visitantes atacaban moi cómodos pola súa banda dereita e así chegou o primeiro gol por medio de Sergio (54´). Os locais foron a polo empate, e tras un poste de Tijan, outro de Criado tras desvío do defensa, no terceiro balón á madeira, de Tijan, é Luis quen aproveita o rexeite para tirandose a polo balón empatar no tramo final (84´).

Pero cando parecía que o marcador non se ía mover máis, nun longo desconto, e tras tres avisos con chegadas moi claras por banda dereita dos visitantes, foi Jorge quen anotou de tiro raso ante a saída de Valentín (94´). Xa indo con todo os locais a polo empate, nun balón dividido na área visitante mete a perna Traba para lograr o 2-2 definitivo (98´).

Dentro do malo o equipo local logrou rescatar un empate e o cuarto punto dos últimos 27, para un conxunto azul, que atendendo aos posibles arrastres está xusto na criba do descenso, decimocuarto con 14 puntos empatado con Sigueiro e Ribadeo nunha longa semana na que hai que visitar ao Residencia e recibir no derbi ao Mugardos.

2 CD As Pontes. Valentín, Criado, David, Bangaly (Traba 59´), Montes, Jaime (Javi Fdz 59´), Michel, Alberto, Luis, Ale (Rogerio 59´), Tijan.

2 Victoria CF. Alejandro, Mandayo (Dani 90´), Andrés, Sergio, Óscar Magia (Jorge 78´), Mouriz, Miguel (Dieguito 83´), Andresín (Xabi 68´), Diego (Samuel 63´), Dias, Adri.

Goles: 0-1, Sergio (54´), 1-1, Luis (86´), 1-2, Jorge (94´), 2-2, Traba (98´).

Árbitro: Piñeiro Lugo (Santiago). Auxiliado por Botana Rey e Díaz Álvarez. Amarelas a Tijan, Bangaly, Luis, Alejandro, Adri. Expulsado o visitante Samuel xusto antes do pitido final.

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 80 espectadores en tarde fría e soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios