LIGA GALEGA BENXAMÍN GRUPO NORTE 1. HC AS PONTES 7 – SANTA MARÍA DEL MAR 0
Partido este domingo á mañá en A Magdalena
Contundente triunfo do Benxamín pontés ante Santa María del Mar, unha das grandes canteiras coruñesas, por 7-0, que aguantaron como gato panza arriba con apenas cinco xogadores.
Cuarta vitoria do cadro dirixido polo gran Martín Barros, tralo 2-12 ante o mesmo equipo, 3-6 ante Oleiros Atalaya, e 9-5 contra o Riazor. Cinco goles de Manuel Soto (22 en total) e dous de Sergio Balsa (18).
Xogaron Mauro, Xisco, Manuel, Alex, Olivia, Sergio, Aila, Unai e Xos. Quédalles recibir ao Oleiros Atalaya, e visitar en doble xornada ao Dominicos Rojo e Riazor.
Nova cortesía de Xose Ferreiro