LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 1 – EUME DEPORTIVO 2

Derbi este sábado á mañá

O As Pontes Xuvenil perdeu este sábado á mañá 1-2 ante o Eume. Dispuxo de moitas ocasións no primeiro período pero so conseguiu adiantarse cun bo tanto de Xoel Purriños. Pero antes do descanso os de Pontedeume marcaron un gol olímpico de córner tras petar o balón no pau e acabar entrando, e remontaron cun tanto de penalti na segunda metade.

Suma o equipo pontés unha vitoria ante o Val 1-0, e derrotas ante os de Pontedeume, Ribadeo (3-0), e Racing de Ferrol B (6-4), antes de visitar ao Olímpico de Rutis, en situación inversa, con tres triunfos por unha sola derrota.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios