PREFERENTE. CD AS PONTES 0 – BETANZOS CF 2

O cadro betanceiro ascende á segunda posición

Derrota do As Pontes no partido disputado na tarde noite chuviosa de hoxe. Os da terra do repolo, con Óscar ou Callón nas súas filas, xa puxeron terra de por medio na primeira metade con tantos de Toni Insua e Juan De Dora e pese a algún que outro intento dos azuis no segundo tempo, destacar unha ocasión moi clara de Jaime Leira nas postrimerías, o marcador no se moveu e o As Pontes é sexto con 8 puntos, antes de visitar ao Victoria coruñés.

Os ponteses polo momento saelles máis rentable xogar a domicilio, si ben na casa so suman un empate por dúas derrotas, todo o contrario de visitante con dúas vitorias e unha igualada. Xogaron Paco, Criado, Berto (Vilela 67´), Moreda, Montes, Traba (Iván 46´), Nieto (David Otero 67´), Toni, Yáñez, Sergio Otero (Jaime 79´), Bellas (Edgar 79´).

Nun duelo de históricos que viviron tempos mellores, cuarto triunfo betanceiro no Poboado por tres empates e once vitorias locais. Ultimo enfrontamento en 2017, con resultado de 4-1, e a última vitoria dos vermellos databa de 2012, 1-2, no ano en que ambos equipos se salvaron do descenso por arrastre da Terceira, clasificando 15º e 16º, uns polo ascenso do Ourense e outros pola desaparicion do antigo Montañeros. Máis igualado no García Irmáns, con oito vitorias locais, sete pontesas e dous empates.

 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios