Amigus
As Pontes

LIGA COMARCAL FEMININA. CD AS PONTES 3 ASPIRANTES DE FERROL 1

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

As máis pequenas do equipo pontés deron onte un paso de xigante cara a consecución do título tras vencer ó equipo ferrolán. Un cadro departamental que pese a ocupar a última posición na clasificación chegaba ó Poboado tras vencer ó colíder Cariño a semana pasada.
A primeira metade acabou co resultado de 1 a 0, e xa no segundo tempo as azuis sentenciaron con dous goles máis, maquillando o resultado nos últimos minutos as visitantes. Anotaron os tantos unha sensacional Paula “Chipy”, que marcou dous e xa leva oito na Liga, e a talentosa Clara.
Agora mesmo As Pontes ten 16 puntos e Cariño 13, á espera do resultado do encontro disputado hoxe entre Cariño e Meirás, no que ó cadro do Ortegal sólo lle valía a victoria para manter as esperanzas de cara ó título.
Na última semana as de Cariño descansan, namentres que as pontesas terán que rendir visita ó Meirás, e, en caso de victoria do Cariño hoxe, deberán conseguir polo menos un punto, ou no peor dos casos non perder por unha gran diferencia de goles para conseguir o primeiro titulo comarcal do fútbol feminino pontés. Co empate ou derrota das de Cariño as azuis xa serían matemáticamente campionas.
Salido e Pita xogaron con Jessica, Nato, Cris García, Sabela, Yaiza, Natalia, Andrea, Antía, Uxía, Clara, Chipy e Janira, nun encontro disputado con gran afluencia de público.
femenino_1.jpg


femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios