REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 1 MESÓN DO BENTO 1
Empate do As Pontes no último suspiro no encontro disputado hoxe a tarde no Campo do Poboado ante un gran rival.
Na primeira metade os visitantes dominaron máis e no 27´ o experimentado dianteiro Marcos Suárez marcou por alto ante a saída de Kiko. A ocasión máis clara para os locais no 15´, Carba manda un sensascional pase a Iván que non logra resolver ante o porteiro visitante.
No segundo tempo os locais foron a polo empate, sen embargo as mellores ocasións correron a cargo dos de Ordes, pois Chote e Manel tiveron que sacar dous balóns baixo paus.
No último minuto, unha boa internada de Suso Peña por banda é rematada a gol con un sutil toque de balón por Iván González e acto seguido o colexiado sinalaba o final do encontro.
Agora mesmo ambos equipos están empatados a 81 puntos, e os de Ordes gañando na casa ante o Flavia conseguirán o título. O As Pontes visitará ó Sada. Non obstante, ambos equipos xa son de Terceira División
1 CD AS PONTES Kiko, Esmoris (Rivas 73), Alvaro (Jorge 83), Chote, Manel, Dani, Jorge Parada, Ivan Gonzalez, Adriano (Pablo 45), Bossa, Carba (Suso Peña 63)
1 MESÓN DO BENTO Jorge, Guilli, Pan, Adolfo, Evaristo, Michi Leal, Dani Deza (Esteban 84), Marcos Suarez (Numa 89), Ramon (Piña 58), Suso (Castro 69), Minguilla (Silva 77).
Árbitro: Fraga Torres (Lugo). Auxiliado nas bandas por Corton e Cabanas. Amonestou a Manel, Iván
González e Bossa e expulsou ó adestrador visitante Jose Louro mediada a segunda metade.
Goles: 0-1, minuto 27, Marcos Suárez, 1-1, minuto 94, Iván González.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Cerca de 500 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.