Amigus
As Pontes

Liga da Ría Xuvenil. As Pontes 9 Barallobre 1

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Un paso máis o que deu esta mañá o Xuvenil B pontés de cara a meterse no play off, na súa loita particular co Cedeira por ocupar a cuarta e última plaza que da dereito a xogar a mencionada Fase Final. Marcos Roca aliñou a Alex, Juan Donapetry, Mourín, Borja Abeás, Fran, os xemelgos Carlos e Fernando, Xavi Pellón, Iago (Hugo 70´), Fermín e Amady (Chus Cañizares 55´). A primeira metade acabou con 2 a 0, tantos de Abeas e Fernando. Pero na segunda caeron sete, 3 de Fermín, 2 de Chus, 1 de Fran e outro de Abéas. Polos de Fene anotou o tanto da honra Dani. A falta de 2 xornadas pra ó final os ponteses necesitan gañar na “final” do proximo domingo en Valdoviño ante o Meirás, e no último encontro en casa ante o Miño, moito máis asequible. Gañando os dous encontros xogarán o play off final de oito equipos, na que os dous gañadores ascenderán á Liga Galega. No Grupo 1 xa están clasificados Eume, Ortigueira e polas outras dúas plazas loitarán Ánimas, Neda e Galicia de Caranza B. No Grupo 2 xa están clasificados Narón, O Val, casi clasificado o Perlío, e pola cuarta plaza loitarán As Pontes e Cedeira, con poucas opcións está o Meirás.

futbol_RX_1.jpg


futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg
futbol_RX_1.jpg

Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios