CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16. ILLAS BALEARES 3 GALICIA 2.
A selección galega eliminada tras ser a peor segunda clasificada.
Derrota na mañá de hoxe da selección galega sub16 ante a selección balear por 3 goles a 2. A pontesa Yaiza Paleo saiu na segunda metade. Lamentablemente Paty Blanco non foi da partida. Anotaron os tantos da selección galega Natalia Sánchez (Cidade de Santiago) e a recente internacional sub17 Andrea Carid (Pontevedra). A clasificación final desta primeira fase é a seguinte. Sector 1: Madrid (9), Castela León (6), Asturias (3), Navarra (0). Sector 2: Andalucía (9), Canarias (6), Castela A Mancha (1), Murcia (1). Sector 3: Illas Baleares (4), Galicia (3), Aragón (1). Sector 4: Extremadura (6), Cataluña (3), CValenciana (0). As 8 seleccións clasificadas para a Fase Final serán a exenta selección de A Rioxa que será a que organice o torneo, as 4 campionas de cada grupo (Madrid, Andalucía, Baleares i Extremadura), e as tres mellores segundas, Castela León e Canarias (que xogaron un partido máis que catalanas e galegas) e Cataluña que trala súa goleada de hoxe pola mañá ante a CValenciana por 5 goles a 0 relegou á selección galega a ser a cuarta mellor segunda e por tanto a quedar eliminada.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro