LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2012/13

O campión decídese na derradeira xornada

Se a semana pasada o Mobles Eume tiña moitas posibilidades de acadar por segunda vez o título de liga; nesta xornada, o seu empate a un gol diante de As Pontes 74 -con polémica arbitral no derradeiro intre do partido- restoulle moitas opcións, pois para ser campión ten que gañar na derradeira xornada a La Galaxia e que Santaballés non pase do empate diante de Xuntanza.

Quen quedou descartado para o título foi Farmavida, campión de copa e subcampión de liga na temporada 2009/10, pois descansa na derradeira xornada e os seus 31 puntos non son suficientes para superar a Santaballés, tamén con 31 puntos, xa que o cómputo entre os dous equipos é favorable ós azuis-amarelos, posto que suman tres puntos por un os farmacéuticos (0-1 e 1-1).

Aínda que remotas, tamén ten posibilidades de conseguir por primeira vez o campionato de liga o conxunto de A Cepa. Para que se dea esa posibilidade ten que vencer na derradeira xornada ó pechacancelas Maren e que Santaballés e Mobles Eume non gañen nos seus respectivos compromisos.

Polo tanto, interesante xornada a derradeira que se disputa esta vindeira fin de semana no campo do Poboado e que corresponde á xornada do 19/20 de xaneiro, suspendida polo temporal de vento e chuvia. Especial atención ós partidos Santaballés-Xuntanza, Mobles Eume-La Galaxia e Maren-A Cepa, que se xogan a partir das dez da mañá do domingo 17.

RESULTADOS 18ª XORNADA 9/10 – Marzo – 2013
A Cepa – Xuntanza (3-1) Fernández, Vili e Ramón / Carlos
Maren – Santaballés (2-5) Varela e Julio / Pedro (3), Lozano e Fernando
M. Eume – As Pontes 74 (1-1) Susín / Paz
 Farmavida – MMYPEM (3-0) Javi, Rafa Peña e Tino

Descansou: La Galaxia

veteranos

CLASIFICACIÓN (ptos)
1º – SANTABALLÉS – 31
2º – FARMAVIDA – 31
3º – MOBLES EUME – 30
4º – A CEPA – 29
5º – LA GALAXIA – 25
6º – AS PONTES 74 – 15
7º – XUNTANZA – 14
8º – MAREN – 8
9º – MMMYPEM – 8

GOLEADORES
FERNÁNDEZ (A Cepa) – 10
SITO (La Galaxia) – 9
LOZANO (Santaballés) – 9
PEPE (Mobles Eume) – 7
OSCARÍN (La Galaxia) – 7
MANEL (Mobles Eume) – 7

DERRADEIRA XORNADA (12ª) 16/17 – Marzo – 2013
As Pontes 74 – MMYPEM (Sáb. 16, 20,00)
Santaballés – Xuntanza (Dom. 17, 10,00)
M. Eume ? La Galaxia (Dom. 17, 11,00)
Maren ? A Cepa (Dom. 17, 12,00)
Descansa: Farmavida

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

veteranos

Nova cortesía A.F.

También podría gustarte
Comentarios